Crónica da Rolda de Prensa

Arranca o Festival Primavera do Cine en Vigo

Presentáronse as bases dun festival que promete aportar un aire novo ao cine galego.
Juan Ortega, Ana Laura Pereira, Primavera do Cine
  A cineasta Ana Laura Pereira, Coordinadora Xeral do Festival e membro de Reencanto Producións xunto co vogal da Asociación Cultural Musiquina 33mg, Juan Ortega, presentaron hoxe na galería Sargadelos de Vigo o que serán as liñas mestras da primeira edición do festival “Primavera do Cine en Vigo” que se celebrará na cidade olívica do 30 de maio ao 2 de xuño deste ano. “O Festival nace coa vontade de servir punto de encontro dos cineastas e creadores audiovisuais galegos, así coma de catalizador da actividade cinematográfica en Galicia, e concretamente na nosa cidade. A idea naceu da necesidade cubrir un espazo baleiro en Vigo, a cidade máis populosa de Galicia, e que non contaba ata a aparición desta iniciativa, cun gran festival para os afeccionados ao cine e o audiovisual” explicou Juan Ortega, membro da asociación organizadora.


Ana Laura Pereira, Coordinadora Xeral do Festival, desglosou as bases de participación no festival, aberto a todos aqueles creadores audiovisuais e produtoras galegas, que poderán participar en tres categorías: videoclip, curtametraxe e longametraxe. Coa vontade de equiparar o valor das creacións documentais ás do xénero de ficción, estas competirán conxuntamente en cada unha das tres categorías. No Festival poderán participar tódalas produccións feitas por galegos ou en galicia sen límite temporal. O prazo de inscripción na primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo remata o 25 de abril. Máis información en: www.festivalprimaveradocine.com Ana Laura Pereira explicou tamén que esta iniciativa cinematográfica pretende dar esperanza e ilusión en tempos de crise como os que vivimos nos que parece imposible sacar novas iniciativas adiante.

Séguenos na nosa web!

Séguenos na nosa web oficial
do Festival Primavera do Cine en Vigo



http://festivalprimaveradocine.com/

Colabora co Festival


Se queres colaborar ou ser patrocinante do Festival contáctanos ao noso enderezo electrónico: primaveradocine@musiquina33mg

Os patrocinios e colaboracións de empresas, entidades ou organizacións dan dereitos a publicidade.
As colaboracións son libres e diversas. Se che gusta o proxecto e tes algo que aportar, escríbenos!


BASES E INSCRIPCIÓN

festival cine vigo

As bases do festival xa están dispoñibles para descarga.
Bases


O formulario de inscripción debidamente cumprimentado enviado ao correo electrónico primaveradocine@musiquina33mg.com , antes do día 25 de abril do 2012.
Formulario

CHEGOU O FESTIVAL DA PRIMAVERA A VIGO

Entre as datas 30 de Maio e 2 de Xuño do 2012, celebrarase en Vigo a primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo. Onde poderan participar todas as galegas e galegos cineastas e creadores audiovisuais que envíen as súas obras ao noso apartado de correos, e por suposto sexan seleccionadas para a competencia. Tamén optarán a concurso as obras de extranxeiros feitas na nosa terra.

Colabora co Festival

Entradas populares

Seguidores

Festival PRIMAVERA DO CINE EN VIGO

Festival Primavera do Cine en Vigo

Primera edición del Festival Primavera de Cine en Vigo, Galicia 2012

Musiquina33g y El Reencanto. Con la tecnología de Blogger.